
A celebración deste día serve como recordatorio da importancia de protexer as superficies arboradas, así lembrámoslles aos alumnos e alumnas que “as árbores, entre outros moitos beneficios, transforman o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, en biomasa, minimizan os riscos de inundacións, evitan a erosión…”

Este día internacional naceu como unha recomendación do Congreso Forestal Mundial aceptada pola Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) no 1971, e o día elixido para a celebración no noso país foi o 21 de marzo, co fin de poñer en valor e recordar a gran importancia de protexer un ben tan preciado e tan necesario para a nosa subsistencia, tomando conciencia do papel que teñen os recursos forestais e o coidado que se lle debe brindar ás árbores, iso lévanos a necesidade de introducir aos nenos e nenas o antes posible, no coñecemento e a práctica dunha tarefa a longo prazo como é o aprendizaxe no coidado e conservación da natureza.
Sabedores da gran importancia que ten o coidado da casa común hoxe foi para nos un día de celebración no que a chuvia non nos desanimou. Cantamos, festexamos, rezamos e demos a benvida á horta de Verdi ao noso kumquat, unha nova plantiña para conmemorar o Día Internacional da Árbore.
Así e coa axuda de José Manuel que bendixo a nosa árbore, celebramos e buscamos a concienciación dos máis cativos de Primaria no coidado e respecto do medio ambiente.