Unha horta con bo chan, rico en humus, con boa exposición solar e coa rega adecuada será a base para obter verduras e hortalizas sas, frescas e abundantes. É moi importante que a drenaxe sexa boa, é dicir, que non se encharque durante longo tempo xa que as hortalizas son sensibles tanto ao exceso como ao defecto de auga.
Co exceso de rega ou agua hai problemas de:
– Podremias.
– Pérdida de sabor, por exemplo, cenorias, tomates, etc.
– Raíces pouco desenvolvidas, nos cultivos de raíz leva ao desenvolvemento de follas a costa da raíz.
Na horta de Verdi enfrontámonos a problemas de exceso de agua e humidade que están afectando aos nosos cultivos.
Os bancais están enchoupados de mais, as plantiñas quedan cativas, medran fungos e setas, crece musgo na parte inferior dos bancais,… e por si todo isto non fose abondo aparecen visitantes non desexados que sentan enriba dos cultivos e os esmagan.
Por todo isto estamos preocupados e pedimos axuda polo que mañá visitaranos un experto de VozNatura e agardamos que nos axude a resolver os problemas que xurdiron na nosa querida horta.


