
En 1º de Primaria, as tardes do luns 5 ao venres 9 de maio realizamos a actividade «Os xogos da nosa infancia».

Nesta proposta convidamos aos avós e avoas do alumnado de primeiro de primaria a que se acheguen ao colexio e lles ensinen aos nenos xogos tradicionais que practicaban cando tiñan a súa idade.


Disfrutamos de cinco tardes marabillosas, divertidas e diferentes. Os xogos foron moi variados: tabas, canicas, mariola, goma, comba, buxaina, zancos, passemisí, cadeiras, etc.







Pechamos a tarde do venres cunha charla-demostración de xogos tradicionais en función das estacións, cando e como se facían.

Os avós aproveitaron para contarlles como era a vida dos nenos na súa época e para destacar a importancia da imaxinación, xogar cos materiais cotiáns e conectar coa natureza, fronte á pasividade, os xogos da tenda e as pantallas.


Foi unha experiencia tan estupenda que todos, pequenos e maiores, quedaron con ganas de máis, polo que repetiremos, sen dúbida, en próximos cursos.





Moitas grazas Mari, Quique, Suso, Enrique, Charo, Manuel, Quin, Pitu, Ángel, Mari, María Luisa, Inmaculada, MªCarmen, Ramón, Ana, Gerardo, Pepe, Concha, Carmiña, Vicente, Carmen e Ursicino.